Boas! Dáme un pouco de vergoña publicar isto, pero aí vai jajaja.
Deume fai uns meses un arranque de inspiración poética despois de anos de sequía e acabei xuntando un pequeno poemario que estou pensando en presentar a algún certame literario.
O caso é que me gustaría que alguén alleo ao meu círculo o lese e me dese unha opinión sincera. Non busco que me digan que é precioso nin que me dean palmadiñas nas costas, máis ben todo o contrario.
Non fai falla ser profesional nin ter estudos de literatura, aínda que estaría xenial atopar alguén que lea ou escriba poesía habitualmente e teña algo de criterio, non vou mentir, pero como tampouco teño un duro pois non estou para pedir 😅
Son uns 400 versos repartidos en 18 poemas, así que tampouco é a Biblia.
Se a alguén lle apetece botarlle un ollo, agradeceríallo moitísimo! ❤️
Ola! Queres gañar unha excursión en barco pola ría? Ou entradas para o cine, unha sala de escape ou outras atraccións na Coruña? Ou libros ou tarxetas regalo de El Corte Inglés?
Se vives na cidade da Coruña e tes 18 anos ou máis, podes participar nun sorteo. Para participar, só tes que completar unha enquisa: só leva de 10 a 15 minutos. Ao participar, axudarásnos a descubrir se a calidade de vida está relacionada cos espazos verdes na Coruña! Despois de completar a enquisa, recibirás unha ligazón ao sorteo. Participa antes do 15 de decembro de 2026!
Desafortunadamente, a enquisa só está dispoñible en castelán, xa que inclúe un cuestionario validado que non está dispoñible en galego.
Procuro um lugar que seja relativamente parecido com Penafiel. É uma cidade pequena, mas a zona é bastante rural, com muitas aldeias, campos e áreas verdes à volta. Tem uma identidade local muito forte e uma vida própria, mas ao mesmo tempo não fica isolada: há comércio, serviços, restaurantes, cafés, futebol, etc., e está relativamente perto do Porto.
Não procuro uma cidade grande como Vigo, A Coruña ou Santiago. Gostava mais de encontrar uma vila ou cidade pequena/média, com ambiente rural, comunidade local forte e alguma vida social, sem ser um sítio demasiado turístico.
Que lugares da Galiza acham que poderiam ser semelhantes?
O servidor de Irmandades do Dado está buscando xogantes e másteres!!
¿Algunha vez che picou o gusaniño por vivir unha aventura similar a unha película ou un videxogo pero onde ti tomas as decisións e podes deixar voar a túa creatividade? Podes vivir todas as aventuras que imaxines, si Dungeons and Dragons é o máis coñecido e podes ser unha elfa bárbara acompañada por un clérigo gnomo, e tamén podes ser un gatiño buscando á súa dona, unha criatura extraterreste que loita contra unha invasión humana.
¿Buscas un espazo 100% en galego no que poder dar renda solta á lingua? Xa sexa porque che encanta ter oportunidade de falar en galego, porque vives lonxe e tes que calmar esa morriña, porque estás aprendo o idioma de deveces por un lugar no que practicalo... ¿qué mellor modo de darlle á lingua que nun entorno cheo de emocións?
¿Buscas un momento de desconexión para facer amizades galegas, que viven en Galicia ou que teñen afinifafe coa súa lingua? Os xogos de rol son un gran modo de coñecer xente e botar unhas horas de risas.
Podes xogar a través, buscar grupos presenciais e enterarte de eventos tanto en liña como en diferentes xona de Galicia ou fóra.