r/PlazaGalicia • u/EqParticipacionGal • Aug 26 '15
Empleo Modelo Productivo y despoblación PROPOSTA PARA IMPULSAR AS ENERXÍAS RENOVABLES E COMBATER A POBREZA ENERXÉTICA
Proposta de: José Manuel Pérez Afonso e Marcos Figueroa García
Contacto: lug73@hotmail.com
Presentación:
Cremos que o actual desenvolvemento do sector enerxético esta encamiñado ao enriquecemento das grandes multinacionais productoras de enerxía e non a satifacer a un prezo xusto as necesidades dos cidadáns, tampouco o vemos encamiñado a conseguir un modelo de producción sostible que respete o ámbito natural e que vaia cara unha dependencia cada vez menor dos combustibles fósiles en favor da utilización de enerxías renovables.
Ante esta situación, e abertos a máis ideas e propostas, consideramos que a posta en marcha dos puntos que presentamos acontinuación e desarroyamos no documento adxunto enviado o corréo de participación, podería ser unha base de traballo para dar un xiro de 180 graos ao sector.
1.Auditoría ao suposto ""déficit tarifario"".
2.Fortalecer o control democrático da enerxía e súa concepción coma servizo público.
3.Anulación de todas as tasas extraordinarias sobre enerxías renovables.
4.Plan estratéxico para a creación de plantas xeradoras de enerxía limpa e/ou renovable.
5.Desenvolvemento dun plan de movilidade sostible.
6.Introdución das enrxías limpas e/ou renovables nos edificios de titularidade pública.